Información
Entradas
O prezo das entradas é de 3,00 € para os espectáculos das 21.30 h. e de 2,00 € para os espectáculos das 00.00 h. As entradas non están numeradas.
Só se venderán 4 entradas por persoa.
Taquilla
Abrirase unha hora antes do inicio do espectáculo das 21.30 h. e media hora antes do das 00.00 h. Os espectadores que asistan ao espectáculo das 21.30 h. poderán retirar a entradas para o espectáculo das 00.00 h.
Bono
Haberá un bono válido para todo o programa a un prezo de 20,00 €. Éste garantiza a entrada a todos os espectáculos até 5 minutos antes do inicio. Os bonos poñeranse á venda en Vitualla (praza da Alameda) e no quiosco A Xunqueira (Avda. de Fernando Blanco) ate o venres 20 de agosto. Despois poderán comprarse nas taquillas da mostra.
Outros
Non se permitirá a entrada á sala unha vez comezado o espectáculo.
Non se poderá consumir ningún tipo de alimento ou bebida no interior, nin realizar gravacións ou fotografías en calquera soporte, sen autorización previa.