Marta Lado presenta "Contos de aquí e de acolá"
A vida cotiá pode ser unha trampa mortal… dende pequenos temos que enfrontarnos a un montón de normas confusas e directrices ambiguas. O cine, a música, a relixión, as relacións coa parella… temas cheos de mensaxes subliminais susceptibles de dobres interpretacións, o segredo da supervivencia está en botarlle un pouco de humor á cousa, ou neste caso…moito conto!
Xénero: Contacontos
Público ao que vai dirixido: adultos
Intérprete: Marta Lado