Traspediante Cía. presenta "Habelas"

Sinopse

Esta obra pretende crear a través de diferentes linguaxes escénicas (a danza, a maxia, a música e a videocreación) un contexto fantástico e misterioso no que se recollan as principais simboloxías da maxia en Galicia; tocando ademais, como trasfondo, temas sociais como a categorización da muller ou, especialmente, a dualidade do ser humano (todos temos fantasmas e presenzas que nos molestan, os nosos pensamentos ou a nosa situación).

Habelas, é unha obra multidisciplinar na escena e na concepción. O eixe da creación parte da reflexión en torno aos puntos en común que se poden encontrar entre a maxia e a danza.

 

 

Xénero: Danza

Público ao que vai dirixido: Adulto

Intérpretes: Marta Alonso e Begoña Cuquejo

Dirección: Begoña Cuquejo