Lagarta Lagarta presenta "O segredo dos Hoffman"

A adaptación que Lagarta Lagarta realiza da premiada obra de Alejandro Palomas caracterízase pola súa forza narrativa e pola certeza coa que achega ao espectador unha historia que moitos dos asistentes á función poderían compartir.

Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnense con motivo do falecemento da avoa Constanza.

Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e envolvente.

Xénero: Comedia

Público ao que vai dirixido: Adulto (recomendada a partir de 14 anos)

Elenco: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Costenla, Rebeca Montero