Lusco e Fusco presenta "Viaxes"
Dous artistas que se atopan, como cada ano, chegou o momento de xuntarse, chegou o día de quedar. Unha vez máis veranse as caras, que xa non son as mesmas da última vez, o camiño deixou marcas. Novas ilusións, proxectos, algunha cicatriz, novos amigos, novas historias que contar. E seguirán sendo os mesmos. Como cada ano, xúntase para rir, para berrar, para escoitar. Para chorar ou calar, xúntanse para xogar.
Unha posta en escena das relacións humanas a través do movemento e do humor, da habilidade e da expresión. Que é o que buscamos dunha amizade, que pedimos no traballo, que ofrecemos á nosa parella. Cada persoa poderá identificar unha emoción vivida nas andanzas dos personaxes.
Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.
Xénero: Comedia
Público ao que vai dirixido: Todos os públicos
Duración: 90 minutos
Intérpretes: Alfredo Pérez e Pablo Reboleiro