Pajarito presenta "Moucha, a meiga"
Un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.
Pajarito anda soa pola rúa en busca da súa liberación dun mundo de ataduras; envolta en frescura e cunha singular linguaxe, Pajarito interactúa co público de tal xeito que cada interpretación vólvese persoal e única. Trátase dunha actriz e clown que se formou en Praga e levou a súa arte por salas e rúas de España, Cuba e Rusia... e agora chega a Cee.