Talía Teatro presenta "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)

Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán.
No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

Xénero: Comedia

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos

Elenco: Dani Trillo e Diego Rey