Os contos de Pablísimo presenta "Batería de contos"
Érase unha vez un contacontos que se chamaba Pablísimo.
Antes de adicarse a contar contos, Pablísimo, viaxou por moitos paises do mundo e onde queira que fora sempre atopaba cousas curiosas e estrañas, obxectos que ninguén usa, instrumentos de música que fan ruidos imposibles, libros exoticos, teas de moitas cores, figuriñas que andan soas, cousas que nin eu sei para que son... e todo o conservaba, por que todo serve para contar contos.
Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, déixao ao baño maría con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima... e xa tes unha sesión de Pablísimo.
Xénero: Contacontos
Público ó que vai dirixido: Infantil e familiar.