Caramuxo Teatro presenta "Historia dunha semente"
Duas persoas buscan algo pero non saben o que están buscando ata que o atopan. Unha semente. ¿Cómo é posible que algo tan pequeno se converta nunha grande árbore?
Historia dunha semente é a historia dunha árbore, unha maceira que enche de vida a pradeira.
Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca namoradiza en busca do moscón perfecto para casar, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión.
Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.
Espectáculo cómico de títeres de mesa e actores cheo de maxia e que introduce ós máis novos nun mundo cheo de imaxinación e fantasía.
Público ó que vai dirixido: Infantil (a partir de 3 anos)
Autores: Javi Coll, Chani Martín e Javier Veiga.
Manipuladores: Juan Rodríguez e Laura Sarasola.