Os sete magníficos máis un presenta "Dous pallasos en apuros"

As verdadeiras protagonistas desta produción clown son a loucura e improvisación que despregan sobre o escenario os seus dous protagonistas. Dende o seu rompedor inicio deste espectáculo, sucédense as situacións e personaxes máis ridículos e divertidos na busca da gargallada do público.

Fran Rei e Pedro Brandariz son os actores desta peza clown dirixida por Iván Prado que propón aos nenos e ás nenas unha revisión cómica sobre situacións do mundo real co humor e a ilusión herdadas do circo clásico: as relacións de poder, o medo á clínica dentística... O espectáculo estrutúrase sobre unha sucesión ininterrompida de números e personaxes que un baúl no chan do escenario fai xurdir.

Así, os nosos protagonistas empéñanse en recrear en escena unha pasaxe do universal Don Quijote de la Mancha, pero o resultado non será o que eles pretenden. De fracaso en fracaso, preséntase en escena outro dos personaxes clásicos da literatura, un Guillermo Tell con serios os seus serios problemas de puntaría, quen, coa axuda dun despistado axudante, representarán unha das farsas do pallaso de circo máis populares. E xa por último, aínda nos queda un dentista con máis ben pouca maña que retratará en clave humorística o temor á consulta dental.

Xénero: Clown

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos

Duración: 50 minutos

Intérpretes: Pedro Brandariz e Fran Rei