Artestudio presenta "Contos no ar"

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “TI”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hai algúns grandes e outros pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos revolotean por ese marabilloso Mundo das Ideas, concretamente no País dos Contos. ¿Onde queda?. Pechade os ollos e pensade...Estades abrindo os ollos da mente e con eles poderedes contemplar o fabuloso Mundo das Ideas onde se atopa o País dos Contos, creado polo pensamento de tódalas persoas. “Ti” caza contos e méteos en gaiolas, que el mesmo fai coas palabras e así entrégaos aos nenos e nenas. Agora só depende de vos que abrades a gaiola, para que moitos, moitos contos podan saír voando...voando...

Xénero:

Público ao que vai dirixido: Público familiar

Elenco: Ramiro Neira