Celso Fernández Sanmartín presenta "Contos que non falten"
Josito Porto presenta "Laretadas"
Xénero: Contacontos Público ó que vai dirixido: Adultos
Intérpretes: Josito Porto Marta Lado presenta "Contos de aquí e de acolá"
Xénero: Contacontos Público ao que vai dirixido: adultos
Intérprete: Marta Lado Traspediante Cía. presenta "Habelas"
Esta obra pretende crear a través de diferentes linguaxes escénicas (a danza, a maxia, a música e a videocreación) un contexto fantástico e misterioso no que se recollan as principais simboloxías da maxia en Galicia; tocando ademais, como trasfondo, temas sociais como a categorización da muller ou, especialmente, a dualidade do ser humano (todos temos fantasmas e presenzas que nos molestan, os nosos pensamentos ou a nosa situación).
Xénero: Danza Público ao que vai dirixido: Adulto
Intérpretes: Marta Alonso e Begoña Cuquejo Dirección: Begoña Cuquejo |
Contar é un oficio que todos temos.
"Temos o que queiramos, somos a envexa, estamos no punto de mira do resto do mundo, quérennos coñecer... e é que os galegos somos como somos .... porque...porque nos peta"
A vida cotiá pode ser unha trampa mortal… dende pequenos temos que enfrontarnos a un montón de normas confusas e directrices ambiguas. O cine, a música, a relixión, as relacións coa parella… temas cheos de mensaxes subliminais susceptibles de dobres interpretacións, o segredo da supervivencia está en botarlle un pouco de humor á cousa, ou neste caso…moito conto!
Sinopse