Despois dunha tortuosa peregrinación, entre reunións, compromisos, excusas, crises, palmadas nos ombros e patadas no cu, chegamos por fin ao noso propio Monte do Gozo.

A partir do día 22 de Agosto poderemos sentar o sufrido cu na butaca e gozar dun atractivo programa, onde se conxugan distintas estéticas teatrais.

Agardando, con santa paciencia, que nun futuro próximo a mostra acade a salvación eterna.

Onde hai fe, hai esperanza!